lunes, 29 de abril de 2024

PARTIDO DOS XUVENÍS O MÉRCORES 1 MAIO

Este mércores 1 de maio os xuvenís xogaran o partido correspondente a xornada 20 da liga local frente ao SDR Neda

O partido se xogará no Pote e comenzará as 11:00 H.

GO MANIÑOS

TABOAS DO FEMININO ANTE O CEE

Salvou un punto o Maniños nos intres fináis gracias a un goliño de Pau a saída dun corner. Un gol que fixo xustiza porque por méritos futbolísticos se mereceu máis pero as taboas se pode decir que foron xustas. 

Partido de guante branco e gran deportividade. 

Que pena que alguén vaya a un partido a dar a nota...una e outra vez e quen ten que cortalo de raíz mire para outro lado...

Un punto máis cerca. 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Juanjo Cebolo en www.radiofusion.eu, preme aquí

INXUSTA DERROTA DOS VETERANOS

O que asisteu ao partido non pode entender o resultado. Absoluto dominio branco que mereceu levarse os 3 puntos en xogo pero nalgunhas ocasións os postes, a boa actuación do meta visitante, a mala definición, erroneas decisións, etc, etc, impideu aos locales sumar algo positivo no derradeiro partido da tempada no Pote. Os visitantes sacaron proveito máximo dos erros locáis. Anotou Caste

Caste autor del tanto local
(Foto: Mercedes Lamas)

En definitiva, a falta de acerto condenou aos brancos. Hoxe e toda a tempada... 

Como xa se dixo antes, derrareiro partido no Pote, Rematase a tempada en Valdoviño a próxima semana. 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

MERITORIO EMPATE DO FILIAL EN NEDA

Sufrido a par que valioso empate que permite ao filial seguir con vida unha semana máis. Como non podía ser doutro xeito o equipo sufreu ante o SDR Neda un dos galos do grupo pero conven lembrar que este mesmo rival na primeira fase ligueira goleou ao filial que encaixó 9 tantos no Municipal nedés. A melloría é evidente e a bagoa foi o pésimo comenzo e a lamentable planificación do equipo. Afortunadamente esto forma parte do pasado. Non se sabe se chegará pero este é o camiño axeitado.

Agora o equipo debe facer bo o punto na seguinte xornada no
Pote ante o Monfero CF.
 
Seguimos na guerra...unha batalla menos!!!

Sobresaínte a todos polo esforzo! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.eu, preme aquí

DERROTA DOS MODESTOS NUN PARTIDO GRIS

Non foi un bo partido dos brancos. A derrota foi merecida pero as circunstancias marcaron o devenir do partido en "O Carballal" ante un Boimorto CF, veterano e con as ideas moi claras que no seu campo desenvólvese como pez na auga e que cando se pon por diante no marcador as posibilidades de voltear o resultado son moi escasas. Pasou na ida e volveu a pasar na volta. 

No había pasado absolutamente nada cando chegou o primeiro gol local, xogada pola banda esquerda según o ataque dos bermellos, o atacante gana a liña de fondo e fai un bo centro raso ao corazón da área e alí chega un dianteiro local para fusilar a Abraham. De ahí ao final da primeira parte control do partido por parte do Maniños con acercamentos pero sin xerar grandes ocasións de gol a excepción dunha boa maniobra de Christian que se xirou na área pequena superou ao meta local que tocou o balón e cando este entraba mansamente chegou un defensa afastando o balón. En este escenario de no pasar nada, na derradeira xogada da primeira parte os locais sentenzan o partido cunha xogada similar a anterior pero na outra banda. (2-0) e xa sen saque de centro o árbitro sinala o final da primeira metade. Excesivo castigo para o sucedido no terreo de xogo neste 45 primeiros minutos.

Intres antes de comenzar o partido no Carballal

A segunda metade foi de claro color local que asedió a portería de
Abraham sen acerto. O Maniños non chegou a inquietar a portería local ata a recta final. Pero non era o día do Maniños. Despóis dunha xogada dubidosa na área do Boimorto con derribo a Raúl que necesitó asistencia polo golpe recibido pero que quedou no limbo. Pouco despóis de novo Raúl foi derribado na área. Nesta ocasión o Colexiado pitou penal pero Pitu errou. Non era o día do Maniños

Rober nunha acción de partido

Victoria do
Boimorto CF que suma 3 puntos que le ayudarán en su intento de meterse entre los 3 primeiros para disputar a fase de ascenso. O Maniños despóis desta derrota despídese definitivamente desas opcións.

Dous partidos para terminar a Liga (a última xornada non se disputará pola retirada do Laracha CF). Dous partidos, dous derbis. Empezando pola semana que ven ante o CD Narón, un rival que está pelexando por saír dos postos perigrosos da clasificación.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (26-27-28) ABRIL

PREBENXAMINES (2ª FASE - X12): Club Campo "B" - Cultural Maniños (1) 
BENXAMINES (2ª FASE - X12): Cultural Maniños - Galicia Caranza (2) 
ALEVÍN "A" (2ª FASE - X12): Club Campo "B" - Cultural Maniños (1) 
ALEVÍN "B" (2ª FASE - X12)Cultural Maniños - SDR Neda (2) 
INFANTILES (2ª FASE - X16): Eume "B" 1 - Cultural Maniños 4
CADETES: DESCANSAN
XUVENILES (2ª FASE - X19): Galicia Mugardos 6 - Cultural Maniños 2 (Marco (2))
FEMININO (X27): Cultural Maniños 1 (Pau) - Unión Club Cee 1
VETERANOS (2ª FASE - X08): Cultural Maniños 1 (Caste) - CD Ciudad 3
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (2ª FASE - X06): SDR Neda 0 - Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X31):  Boimorto CF 2 - Cultural Maniños 0